Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Espectáculos de teatro e monicreques en Chapela

RR_Noticias

O teatro infantil a cargo do grupo A Loca-Motora e os monicreques de Tarablelos serán os encargados dos espectáculos que se poderán ver hoxe e mañá no Multiusos do Piñeiral do Crego.

A programación do Nadal Cultural chega a Chapela cun espectáculo para os máis pequenos. O grupo A Loca-motora porá en escena a obra “Carlota e Marieta dan a volta ao planeta”. O argumenta desta obra xira en torno a dúas irmás xemelgas que van facer unha viaxe fantástica por África a bordo das súas fabulosas avionetas. Queren ver o deserto e os grandes lagos, o río Nilo e os seus crocodilos, a selva e os leóns, as xentes que viven nos poboados. Pero Carlota ten medo a aterrar e Marieta a despegar. A través de dous contos e coa axuda da canción máxica do medo que os nenos corearán, elas poderán comezar a súa viaxe.
Un espectáculo infantil recomendado para o público de 5 a 10 anos onde os contos están traballados con técnicas de expresión corporal, musicalidade, máscara e clown hoxe a partir das seis da tarde
Monicreques
Por outra banda mañá mércores a compañía de títeres Tarabelos presenta a obra ¿A qué cheiran os contos? Os titiriteiros reinterpretan a través de diferentes técnicas – monicreques de luva, titeres de fío, teatro de sombras- os contos antigos de autores clásicos como “O gato con botas” dos Irmáns Grimm, “Pulgarciña” e “O traxe novo do emperador” ambos os dous de Andersen e o conto popular galego “O paxaro máxico”
Unha actividade organizada pola biblioteca de Chapela e que poderán ver mañá mércores ás 18:30 con entrada de balde.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará