Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A música centra a programación cultural nos días previos ao Nadal

RR_Noticias

O Conservatorio Víctor Ureña ofrece hoxe luns no Multiusos o seu tradicional concerto de Nadal, o mércores subirase ao escenario a orquestra de cámara Divertimento e o xoves a Rondalla de Redondela ofrecerá un concerto benéfico pro-Lenda en dous pases, ás 20:00 e as 22:00 horas

A programación do Nadal Cultural que organiza a Concellería de cultura déixanos de cara aos vindeiros días varias citas de carácter musical. A primeira hoxe mesmo co tradicional festival de Nadal do Conservatorio Profesional de Música “Víctor Ureña”.
Un programa moi variados con obras de autores coma: Francisco Lacalle, Chueca y Valverde, J. Serrano, Steven Reineke e Jacob de Haan entre moitos outros son os que se escoitarán esta tarde a partir das 20:30 horas no multiusos. No festival participarán o Coro, o Conxunto de corda, a Banda Infantil e a Banda de Grao Profesional.
O mércores subiranse ao escenario os integrantes da orquestra de cámara Divertimento de Ponteareas cunha actuación que comezará ás 20:30 horas e non queremos esquecer o concerto benéfico que o xoves ofrecerá a Rondalla de Redondela. Unha cita musical cuxa recadación se entregará integramente á asociación Lenda. As entradas para os dous concertos que se celebrarán o día 23 ás 20:00 e as 22:00 horas pódense adquirir xa a un prezo de 3 euros nos locais Café da Vila e Bar O Porrón

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará