Hoxe é Luns 9 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os populares demandan un novo aparcamento subterráneo no casco urbano

RR_Noticias

Confían en que o goberno local habilite novas zonas de estacionamento no barrio de Vilavella, tal e como se comprometera o concelleiro delegado de tráfico Eduardo Reguera e que se execute un novo aparcamento subterráneo no casco urbano

No PP entenden que é imprescindible a construcción dun novo aparcamento soterrado ante os problemas de estacionamento que existe tanto no centro da vila como nos seus arredores. Por este motivo recláman ao concelleiro de tráfico, Eduardo Reguera que cumpra os seus compromisos anunciados en prensa no pasado mes de xullo cando adiantara a posible construcción dun segundo aparcamento subterráneo co que se pretendía levar a cabo a remodelación integral da Praza de Ponteareas. Así mesmo, tamén se manifestaba que se habilitarían novas zonas de aparcamento no barrio de Vilavella mediante o aluguer duns terreos nas inmediacións do histórico convento. Ante estas declaracións, o Partido Popular de Redondela recórdalles aos veciños que a remodelación de dita praza aparecía xa no programa electoral dos socialistas no ano 2003 e anuncian que farán “un seguimento destas declaracións do edil, feitas fai xa medio ano, para obter información dos traballos levados adiante neste asunto polo bipartito, na espera de que desta sexan realidades e non tarden en cumprir o prometido.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará