Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG reclama melloras no porto de Cesantes

RR_Noticias

Solicitan á Consellería do Mar que acometa unha serie de actuacións encamiñadas a mellorar as condicións nas que traballan mariñeiros e mariscadoras, tal e como veñen demandando dende a Confrarías de Cesantes. Reclaman tamén a pilotaxe e alongamento do peirao e o dragado da zona interior para gañar máis calado.

O BNG de Redondela reclamará no vindeiro pleno municipal o apoio do resto dos grupos presentes na corporación para solicitar a Portos de Galicia e á Consellería do Mar melloras no porto de Cesantes, tales como a pilotaxe e alongamento do peirao e o dragado da zona interior para gañar máis calado, unha actuación que segundo explican “permitiría a recuperación da praia e dos importantes bancos marisqueiros alí existentes”.
Entenden ademais que tal e como ven reclamando dende hai anos a propia confraría de Redondela e ante as pésimas condicións nas que teñen que desempeñar o seu labor mariñeiros e mariscadoras faise necesario acometer unha serie de obras orientadas a modernizar á lonxa e mellorar as instalacións, dotando as mesma de vestiarios, cámaras de frío e xeo, depósitos de auga salgada para gardar os moluscos, aseos, oficinas para a súa xestión e conexión a rede de saneamento municipal.
Na moción que se debaterá na próxima sesión plenaria demandan tamén a mellora e modernización do varadoiro, mediante a instalación dun Travel e a construcción de novos departamentos para servizo dos mariñeiros

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará