Hoxe é Mércores 17 de Agosto de 2022
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Congreso rexeita prorrogar a concesión da AP-9 para pagar a ampliación de Rande

RR_Noticias

O Congreso dos deputados oponse a que o Goberno financie a ampliación de Rande cunha prórroga da concesión da autoestrada a partir do 2048. A Comisión de Fomento do Congreso dos deputados así o acordou onte logo de aprobar por unanimidade unha proposición non de lei do BNG na que o nacionalista Francisco Jonquera demandaba ao goberno garantías para non ampliar a concesión da vía.

Na defensa da súa iniciativa, o deputado do BNG aludíu ao anuncio realizado polo Ministro de Fomento o pasado 11 de outubro, quen explicou en Compostela a intención de financiar a ampliación da AP-9 tanto na ponte de Rande como no tramo urbano de Santiago, a costa de prorrogar a concesión que Audasa ten para a explotación desta autoestrada.
Unha vez máis dende o BNG púxose de manifesto a necesidade de priorizar a construción da A-57, exenta de peaxe, sobre a ampliación da Ponte de Rande. Ademáis, lembrou que a AP-9, é unha vía fundamental para vertebrar a fachada atlántica de Galiza e que non ten alternativa real xa que a “N-550 non é un itinerario alternativo dadas as súas características”.
Coa lei actual a concesión non podería prorrogarse máis alá do 2048, de feito e tal e como lembrou Jorquera a concesión “debía expirar no ano 2023 pero no ano 2000 o Goberno de Aznar decidiu prorrogala 25 anos máis”.
O PSOE sumouse á iniciativa do BNG e asegurou que non entra nos plans do ministerio alongar o prazo de explotación pero dende o ministerio de Fomento, aínda que aseguran que terán en conta a postura do Congreso engaden que a decisión se tomará no seu momento

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará