Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detido un veciño de Redondela por tentar roubar un taller de motos na estrada Campo de fútbol

RR_Noticias

Trátase dun mozo de 25 anos de idade a quen lle constan seis antecedentes policiais. pasou xa a dispoción xudicial acusado dun delicto de tentativa de roubo con forza logo de tnetar acceder a un taller de motos que se atopa na estrada Campo de fútbol

Os feitos producíronse na madrugada do sábado, cando ás dúas da mañá o propietario do taller alertou cunha chamada á policía Local de que un mozo tentaba entrar na súa propiedade a través dunha fiestra aberta a uns tres metros de altura e á que lle faltaban un barrotes.
Unha vez no lugar, os axentes da policía reuníronse co propietario quen explicou que vivía nas inmediacións do taller e logo de escoitar un ruídos puido ver como o mozo tentaba acceder a súa propiedade. Aportou ademais datos do seu aspecto e da dirección que tomara na súa fuxida, polo que os axentes puideron localizalo minutos despois nun bar da proximidades.
O detido, José M.O.B. veciño de Redondela e de 24 anos de idade e a quen lle constan seis antecedentes policiais, pasou a disposición do Xulgado de Instrucción Número Un de Redondela acusado dunha tentativa de roubo con forza

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará