Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cecilia Pérez: É necesario mobilizar á cidadanía para que o BNG lidere o próximo goberno local

RR_Noticias

Mestra de profesión e vella coñecida da política local, a que fora concelleira en anteriores mandatos, Cecilia Pérez Orge convértese na primeira candidata muller presentada polo partido nacionalista en Redondela. Consciente de asumir o cargo “nun momento difícil” márcase como obxectivo recuperar aos desencantados da política e conseguir que o seu grupo “lidere o próximo goberno local”.

Pérez Orge inicia a súa andaina como candidata marcando diferenzas non só co PP senón tamén cos actuais socios de goberno do BNG ao asegurar que o proxecto dos nacionalistas é unha alternativa “completamente diferente e antagónica a que está executando o partido socialista”. Consciente de asumir o proxecto nun momento difícil dada a situación económica “que afecta a moitos veciños e veciñas de Redondela” asegura que o proxecto que lidera “vai ilusionar á sociedade e facer que volva participar activamente na vida política”. Da desmotivación real que palpa na sociedade responsabiliza a certos “sectores que están a trasladar a idea de que todos os políticos e todos os partidos son a mesma cousa”. Para contrarrestar esa idea tan espallada desenvolverán nestes seis meses que os separan dos comicios de Maio, un traballo de contacto directo cos veciños para “trasladarlles os logras acadados nas súas áreas de goberno e, sobre todo, achegándolles cales son os obxectivos do BNG de cara ao futuro”. Pérez Orge é a cabeza de lisa dunha candidatura con once nomes e onde atopamos no segundo posto ao actual responsable local Xoan Carlos González Campos, seguido das concelleiras de normalización Lingüística e Participación, Anxeles Babarro e de Servizos Sociais, Rosa Costas. No posto número cinco está un membro da directiva da Confraría, Ánxel Lusquiños e no seis a sindicalista da CIG Ana Santomé. Pechan a lista Antón Campos, Roi Grande, María Xesús Láuzara, Agustín González e Purificación Serrano. Unha candidatura “na que se combina a experiencia política e a xuventude, onde se lle da un papel relevante ás mulleres” e coa que esperan “liderar o próximo goberno municipal” segundo palabras da candidata nacionalista.

Cecilia Pérez Orge candidata do BNG
Difícil momento pola crise económica e polo desencanto social na política
Desmotivación da cidadanía
Un problema que queren resolver co contacto directo cos veciños
Liderar o goberno municipal
Unha lista co que o BNG persegue liderar o goberno que saia das eleccións municipais de maio

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará