Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP critica que o goberno local non solicite subvencións deportivas á Xunta

RR_Noticias

Acusan ao bipartito de “deixadez e pasividade” e de deixar pasar a oportunidade de acceder a subvencións “por non levar traballo de solicitalas”.

Os populares lembran que no último pleno municipal solicitaron ao goberno local información de por qué o Concello no pedira ningunha subvención á Xunta en materia de deporte e que o edil Emilio González Iglesias explicou que “as condicións para poder acceder a estas subvencións eran tan complexas e esixentes coa documentación necesaria que non estaban dispostos a pasar ese traballo”.
Engaden dende o PP que foi con esa aptitude que “Redondela perdeu a opción de conseguir uns fondos procedentes do Executivo autonómico que outros concellos si souberon aproveitar e beneficiarse de parte dos 920.000 euros dos que a Secretaría Xeral para o Deporte dispuxo para os diferentes municipios”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará