Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Carlos Blanco protagoniza a comedia “O partido” que se proxecta o domingo no Multiusos

RR_Noticias

Dúas comedias centrarán as actividades que se celebren na fin de semana na Xunqueira aínda que en formatos diferentes. O sábado será coa primeira das obras de teatro enmarcadas no ciclo Teafecciona’2010. O domingo a quenda será para o cine coa película “O partido”

Mañá sábado os que se acheguen ao Multiusos asistirán á representación da obra de Dario Fo “non hai ladrón que por ben non veña”, unha adaptación realizada polo grupo de Soutomaior Fonte da Tella que será o encargado de iniciar a programación do Teafecciona 2010. Ao simbólico prezo de un euro poderán asistir os espectadores a esta proposta a partir das 20:00 horas. Xa o domingo día 14 continúa a programación do ciclo “Cinema as 7… o noso cine nas tardes de domingo” de Normalización Lingüística que nos convida a achegarnos ao audiovisual feito en Galicia e en galego. A quenda nesta ocasión é tamén para unha comedia interpretada polo populares actores Carlos Blanco, Morris e Manquiña entre outros. Unha historia que leva por título “O partido” que nos traslada a unha fábrica do sector da metalúrxica en problemas que é mercada por unha firma internacional americana. A entrada é de balde.

Eva García Rei Normalización Ligüística
A técnica do departamento falábanos do argumento do audiovisual

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará