Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Paraxe recupera a vitoria nun partido disputado en Chapela ante o Cafés Toscaf

RR_Noticias

Peor sorte correron os homes da SAR, quen caeron nun encontro xogado en Asturias ante o Oviedo. A Peguform cae a postos de descenso ao situar penúltimo da categoría mentres o Chapela sube ata a sétima posición

O Chapela remonta posicións logo da vitoria na casa ante o Cafés Toscaf. Era previsible unha vitoria xa que o equipo redondelán  recibía en Chapela ao último da categoría, quen en ningún momento puxo en perigo o triunfo local. So nos primeiro minutos da segunda metade os avilesinos plantaron algo de resistencia e lograron rebaixar a súa diferencia no marcador aos cinco goles, sen embargo a intensidade defensiva do Chapela conseguiu conter eses intentos como demostra o marcador final, 40 goles para o Paraxe Chapela 23 para os visitantes que con tan só un punto continúan pechando a clasificación.
O Paraxe, no sétimo posto desprázase na vindeira xornada á cidade herculina onde xogarán co noveno, o OAR Coruña.
Bastante peor lle foron as cousas á SAR. O equipo caía na súa visita a Oviedo por 26 goles a 24. A peguform SAR entra así en postos de descenso, xa que son penúltimos. Os de Redondela fixeron un bo xogo, de feito dominaron o partido ata o minuto corenta desenvolvendo un xogo efectivo que freaba o empurre dos locais. Un bo xogo que non se viu compensado coa vitoria. A próxima cita será na casa, recibirán na bomboneira ao decimoprimeiro da categoría, o Cisne

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará