Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O aumento do paro en Redondela deixa a 4.000 persoas sen emprego

RR_Noticias

A Oficina de Emprego redondelá rexistra 2.496 desempregados, cifra á que hai que sumar os parados de Chapela, xa que os veciños desta parroquia están adscritos ó servizo de emprego de Vigo. Segundo a tendencia do resto da comarca poderían roldar os 1.500, deixando unha cifra total duns 4.000 parados. O sector servizos e a caída da produción na automoción e o naval fixeron aumentar o desemprego un 7% no último ano.

O paro é unha das maiores preocupacións dos veciños de Redondela, ó igual que no resto de Galicia. E é que os datos non levan ó optimismo en materia laboral. O desemprego incrementouse o último ano un 7%, e en Redondela son xa 2.500 persoas as rexistradas na Oficina Galega de Emprego. Pero a esta cifra hai que sumar ós parados da parroquia de Chapela, xa que pertencen á Oficina de Emprego de Sanjurjo Badía, en Vigo, e non á de Redondela.. O director da sucursal de Redondela, Francisco Iglesias, explica que non hai datos oficiais do paro desta parroquia, xa que aparecen xunto cos do concello de Vigo, pero que segundo a tendencia xeral da comarca e tendo en conta a poboación de Chapela, serán entre 1.200 e 1.500, polo que o paro total no municipio de Redondela ronda as 4.000 persoas. O paro é maioritariamente feminino, con 2.500 mulleres desempregadas fronte a 1.500 homes. A maior parte do paro concéntrase no sector servizos, máis do 50%, seguido da industria, cun 28%. Son moitos os que levan meses, mesmo anos, sen traballo, ou os que renuncian a traballar no seu sector e aceptan xa “calquera emprego” neste contexto de crise. É o caso de Víctor, un veciño do Viso que traballou no naval e na automoción, e agora traballa na descarga de peixe “porque non atopa nada mellor”, aínda que non se trata dun emprego estable. As mulleres maiores de 50 anos son un dos segmentos da poboación máis castigados pola crise. Este é o caso de Lola e Rosa María. Lola traballou no téxtil e nun invernadoiro. Agora leva meses no paro, despois de vivir tamén na súa mocidade a crise do téxtil en Redondela con Regojo. Lamenta que “despois de toda unha vida traballando”, agora, coa súa idade, “non se atopa traballo en ningún lado”. A situación de Redondela non é diferente á do resto de municipios da comarca, onde tamén se incrementou o paro. En Soutomaior chegou no pasado mes de outubro ó 712 desempregados, Pazos de Borbén suma 355 e Fornelos de Montes 221.

Víctor veciño do Viso
Este veciño traballou na automoción e no naval sectores afectados pola crise
Lola parada do sector téxtil
Esta veciña de 50 anos sufriu a crise de Regojo e agora a actual recesión.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará