Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os Consellos parroquiais analizan os efectos das infraestruturas no territorio

RR_Noticias

Reclaman do Concello un maior control das obras e que se adopten medidas de protección dos mananciais, vivendas e accesos. Así se acordou no último consello parroquial de Reboreda onde se analizaron as consecuencias que para o territorio tería a construcción da A-59.

Nese sentido os membros do consello que preside a edil de Participación Cidadá, Anxeles Babarro acordaron solicitar ao Concello que, en caso de que finalmente o Ministerio poña en marcha dita actuación, se adopten medidas de cara a preservar os mananciais e protexer os accesos das vivendas e fincas. Tamén se insta ao goberno local a solicitar a Fomento a construcción de pontes para evitar aterramentos innecesarios Babarro insiste en que aínda que estes Consellos non teñen capacidade decisiva si serven para que os colectivos veciñais, culturais e sociais así como Comunidades de Auga e montes estean en contacto directo co goberno local e reciban unha contestación ás súas demandas. Consello no Viso O mércores día 24 de novembro o recen constituído consello en O Viso analizará tamén os efectos das obras do AVE na parroquia así como as consecuencias que o paso da A-59 tería no seu territorio. Dende a Concellería non de desbota a posta en marcha de novos Consellos noutras parroquias, así tendo en conta o dinamismo existente no movemento asociativo en Cedeira, estúdase a posibilidade de que cree nesta parroquia un Consello que vería a sumar aos de Chapela, Reboreda e O Viso.

Anxeles Babarro Participación Cidadá
Acordouse no consello de Reboreda esixir ao goberno "absoluto control"
Infraestruturas en O Viso
O recén constituido consello analizará os efecttos das obbras do AVE e a A-59
Consello en Cedeira
Polo seu dinamismo a parroquia de Cedeira podería ser a seguinte en contar cun consello parroquial

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará