Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Charlas sobre violencia de xénero en Trasmañó, Saxamonde e Reboreda

RR_Noticias

Co gallo da celebración este mes do Día Internacional contra a violencia de xénero, a Concellería da Muller por en marcha unha serie de actividade que arrancan hoxe na Asociación de Veciños de Trasmañó e que continuará nas parroquias de Saxamonde e Reboreda

Esta primeira actividade hoxe xoves ás 19:30 consiste nun obradoiro baixo o título “Detectando a violencia de xénero: recursos ao teu alcance”, e terá como obxectivo expoñer, falar e definir que entendemos por violencia de xénero, poñendo exemplos de distintas situacións da vida cotiá das mulleres que se poden considerar violencia contra elas.
Ademais, as persoas que asistan recibirán información sobre os recursos e servizos dos que dispón esta Concellaría, para atender directamente as mulleres que sofren ou están en situación de risco de sufrir violencia de xénero.
A mesma charla impartirase mañá venres día 12 na Asociación de Mulleres Arela de Saxamonde ás 18:00 horas
O luns día 15 o psicólogo Jorge González ledo impartirá un obradoiro baixo o título “actitude da sociedade fronte a violencia de xénero. Será ás 18:00 horas na Sociedade Labrego Cultural de Reboreda.
Este obradoiro, ten como obxectivo a análise e reflexión sobre a situación actual da violencia na nosa sociedade, así como dar a coñecer os mecanismos que temos ao noso alcance para que a cidadanía se involucre e participe activamente na súa erradicación.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará