Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Rouban 600 metros de cable do tendido eléctrico en Vilar

RR_Noticias

O roubo de cable eléctrico faise para extraer o cobre do seu interior, un metal que se ten revalorizado nos últimos tempos ata achegar a multiplicar por catro o seu valor na última década, pagándose a día de hoxe ao redor de cinco euros o kilo. A cantidade subtraída na zona de Fonte da Lata na parroquia de Vilar está valorada en 1.200 euros.

Os feitos tiveron lugar, segundo consta na denuncia presentada na Policía Nacional entre a medianoite do día 28 e as 12:00 horas do 29 de outubro.
Neste espazo de tempo, autores descoñecidos subtraeron o cable que subministraba enerxía ao alumeado público no tramo comprendido entre a Fonte da Lata e a cabeceira de pista do aeroporto de Peinador. Ao parecer para subtraer o cable, os autores dos feitos tiveron que acceder a unha zona restrinxida do aeroporto que se atopa valada.
As consecuencias deste tipo de roubos, cada vez máis estendidos en toda a comunidade,  non son só económicas, xa que provocan importantes prexuízos para os veciños ao deixar sen alumeado público as zonas afectadas.
Ademais da dificultade de dar cos autores destes roubos, hai que engadir que os ladróns, unha vez identificados e localizados, vense beneficiados polo feito de que estas subtraccións estean tipificadas como simple furto dada a falta de valor patrimonial do obxecto roubado e que polo tanto non leven aparelladas penas de prisión.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará