Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Parlamento galego di non á ampliación de Rande

RR_Noticias

O PP fixo uso hoxe da súa maioría no Parlamento galego para aprobar unha proposición non de lei a través da cal solicitará a Fomento a paralización do proxecto de ampliación da autoestrada AP-9 ao seu paso por Chapela e da propia ponte de Rande. Reclaman no mesmo documento que se dea prioriade a construcción da A-57

O Parlamento galego pedirá ao Ministerio de Fomento, a través da proposición non de lei aprobada hoxe cos votos do PP, que se parralice a amplición da autoestrada AP-9 e se priorice pola contra a construcción da A-57 entre Pontevedra e O Confurco coa alternativa 11 que pasaría por Pazos de Borbén, Os Valos e Peinador. Un debate que se producía na tarde de onte no parlamento fronte a unha tribuna de público na que estaban presentes veciños de Chapela así como representantes do grupo local do PP, entre eles o edil Alberto pazos Pola súa banda, o socialista Pablo López Vidal amosou o seu rexeitamento á proposta popular argumentando que a ampliación de Rande beneficiará ao tráfico na zona. Unha intervención que o edil do PP en Redondela criticaba por entender que dende o PSOE estase a defender unha actuación moi prexudicial na vila Os nacionalistas, a través da súa parlamentaria Teresa Táboas promoveron unha emenda á proposición dos populares na que propuñan paralizar a ampliación da AP-9 e que se dese prioridade a unha das autovías alternativas. O PP non aceptou a emenda pola súa “indefinición” ao non concretar cal das dous trazados debería prevalacer, a A-57 ou a A-59.

Alberto Pazos PP
O edil explica o contido da proposición non de lei
Críticas ao PSOE
O popular cualifica a postura do PSOE de "ofensiva"
Rexeitamento da emenda do BNG
Os populares entenden que a emenda nacionalista non era ausmible pola súa indefinición

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará