Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unha comedia de Dario Fo inaugura o Teafecciona 2010

RR_Noticias

O grupo fonte da tella será o encargado de abrir o festival o vindeiro sábado día 13, en semanas consecutivas pasarán polo escenario os vigueses Atrezo Teatro e os ferroláns As Libitum. Todas as actuacións serán ás 20:00 horas a un prezo simbólico de un euro.

Durante tres sábados consecutivos o Multiusos de A Xunqueira acollerá unha nova edición da mostra de teatro afeccionado que organiza a concellería de cultura e que permite aos grupos non profesionais dar a coñecer as súas últimas propostas. Unha oportunidade tamén para os espectadores de achegarse ás artes escénicas polo módico prezo de un euro. A primeira das propostas será co grupo de Soutomaior “Fonte da tella” quen porá en escena a obra “Non hai ladrón que por ben non veña” o sábado 13 ás 20:00 horas. Unha comedia de Dario Fo, na que a partir dun feito pouco relevante faise unha crítica á sociedade moderna. O día 20 subirase ao escenario o grupo vigués Atrezo teatro quen nos propón achegarnos “a voda”. Unha montaxe que parte dunha serie de situacións “aparentemente” absurdas, levadas a cabo por personaxes estereotipados que se amosan máis preocupados por airealos trapos sucios dos demáis e ocultalos propios que por aquilo verdadeiramente importante. E finalmente os ferroláns Ad Libitum pechará o ciclo coa comedia de enredo “O meu home tolea”, na que se nos conta os problemas dun matrimonio que non funciona na cama.

Salvador Alvarez Fonte da Tella
O director do grupo recomenda non perder a obra de Dario Fo

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará