Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco quéixase das decisións arbitrais que provocaron sete expulsións en once xornadas

RR_Noticias

Nos últimos catro partidos de liga o Choco xogou durante unha hora con só 9 ou 10 xogadores. O adestrador, Julio Álvarez, entende a dificultade dos colexiados á hora de arbitrar, pero lamenta que os erros sempre prexudiquen ó equipo redondelán en decisións que son, cando menos, “controvertidas”.

Levamos once xornadas ligueiras en Autonómica Preferente, e en máis da metade dos partidos o C.D. Choco non foi quen de rematar os encontros cos once xogadores no campo. As decisións arbitrais provocaron un total de sete expulsións no que vai de temporada. Nos últimos catro partidos os redondeláns remataron con só nove ou dez xogadores. No encontro disputado o pasado domingo, co Ribadumia, o colexiado expulsou a Eric no minuto 35, e no mesmo minuto, tamén ó adestrador, Julio Álvarez, por protestar a decisión arbitral. O técnico explica que a entrada de Eric podería ter sido en todo caso “unha tarxeta amarela”, pero non vermella, e lamenta a situación actual do equipo. Álvarez asegura “non entender” o que está a pasar co club redondelán, xa que aínda que comprende “a dificultade do traballo dos árbitros”, non lle parece normal “que os erros sempre prexudiquen ó Choco”. E iso de que a pesares das expulsións do pasado domingo, o equipo gañou por 2-0. Por iso o adestrador quere pasar páxina, pensar que só se trata ” de mala sorte”, e agardar a que a tendencia cambie. No estritamente deportivo Julio Álvarez apuntan a que o equipo “vai a máis”, e que xa se vai asentando despois dos cambios desta temporada. O técnico apunta que as próximas cinco xornadas serán decisivas para coñecer as opcións do equipo esta temporada. E a próxima cita téñena cun rival que no papel é moi inferior. Visitarán o campo do pechacancelas, A Peroxa, e a estas alturas de liga os ourensáns aínda non puntuaron. En Redondela non se confían, Álvarez insiste en que teñen que xogar cunha “concentración total”, xa que son tres puntos decisivos nunha liga que está moi igualada.

Julio Álvarez adestrador
O técnico non se explica como as decisións arbitrais están a prexudicar sempre ó Choco
A Peroxa-Choco
No club redondelán non queren confiarse para o partido co pechacanelas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará