Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Parlamento Galego debate o futuro da A-57 e da autoestrada AP-9

RR_Noticias

O grupo popular presentará no pleno de hoxe do Parlamento Galego unha proposición non de lei solicitando cambios nos proxectos que o ministerio de Fomento ten para Redondela en materia de infraestruturas. Reclaman que se priorice a construcción da A-57 fronte a ampliación de Rande

Os populares solicitan na súa proposición, que será defendida polo voceiro de infraestruturas do partido, Alejandro Gómez, que se priorice a construción da A-57 entre Pontevedra e o Confurco fronte á ampliación da AP-9. Instan tamén a que o ministerio continúe co trazado desta autovía a través da alternativa 11 que pasaría por Pazos de Borbén, os Valos e Peinador en lugar da A-59 entre Vilaboa e o aeroporto, que ao entender do PP sería a que máis danaría a todas as parroquias de Redondela. Membros da xestora local do PP encabezados por Javier Bas acudirán a este pleno do parlamento en Santiago para amosar o súe rexeitamento á ampliación da AP-9 ao seu paso por Chapela, xa que ao seu entender esta actuación non sería necesaria unha vez que a autovía gratuíta de peaxe xa desconxestionaría a autoestrada. Afectados pola AP-9 Acudirán tamén a esta sesión membros da asociación de afectados pola ampliación da autoestrada, quen se desprazarán xunto a outros veciños da parroquia nun autobús posto polo colectivo.

Javier Bas PP
Dende o PP reclaman que se potencie a A-57 o que permitiría desconxestionar a ponte de Rande

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará