Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Esquerda Unida disolve temporalmente a agrupación en Redondela

RR_Noticias

A formación política inicia agora un proceso orientado a promover a afilicación e o traballo con colectivos sociais co gallo de volver constituir a agrupación local no prazo de tres meses

O consello Político Nacional de Esquerda Unida acordou a “disolución temporal” da agrupación local para garantir segundo indican “os dereitos da afiliación e da ampla base social que nos apoia, podendo afrontar as eleccións municipais con plenas garantías de éxito.
A partir deste momento impulsarán unha campaña de afiliación, realifiliación e traballo cos colectivos sociais, de acordo co proceso de refundación que se está a desenvolver a nivel federal e galego. Transcorrido un prazo de tres meses poderá constituírse de novo esta agrupación, salvando todas as garantías estatutarias.
Esta decisión adoptouse para facilitar a solución dalgúns problemas que tiñan situado á agrupación “nun entrabamento político e organizativo”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará