Hoxe é Domingo 13 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A presenza de augas fecais nun camiño en Vilar debeuse a unha avaría xa solucionada

RR_Noticias

O Concelleiro de Medio Ambiente, Carlos Pazos acusa ao PP de “comportamento deshonesto” por non informar ao Concello da existencia dunha avaría na estación de bombeo e optar por acudir aos medios de comunicación.

Pazos asegura que a acumulación de augas fecais nun tramo do camiño que vai dende Chan das Pipas a Santiaguiño na parroquia de Vilar foi un feito puntual debido a que se produciu “un corte de enerxía eléctrica o que provocou que a estación de bombeo deixase de funcionar”. Asegura que o problema está solucionado e acusa aos populares de non comportarse axeitadamente por acudir a prensa en lugar de informar ben ao concello ben a Aqualia para que resolvesen a incidencia canto antes. Asegura non entender as críticas dos populares cando se refiren a Vilar como unha parroquia completamente esquecida por parte do goberno local dado que “practicamente todos os veciños teñen saneamento agás unha pequena zona que se atopa baixo influencia do aeroporto” e que está á espera de contar co permiso de Fomento para iniciar os traballos. Sobre as críticas do PP en torno ás obras desenvolvidas na Marisma asegura estar especialmente satisfeito pola actuación e insiste en que os populares están a buscar problemas onde non os hai cando falan de perigo á hora de cruzar o río Pexeguerio pola nova ponte de pedra ao lado da gardería, xa que existe unha pasarela de madeira alternativa que comunica ambas as marxes do río.  

Carlos Pazos edil de Medio Ambiente
A saída de augas fecais ao camiño debeuse a unha avaría na estación de bombeo
Saneamento en Vilar
O edil asegura que practicamene toda a parroquia conta con saneamento
Actuación na Marisma
A nova ponte de pedra ten a súa alternativa na pasarela de madeira

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará