Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Axentes do Grumir realizan prácticas de excarceración en accidentes de tráfico

RR_Noticias

Durante a mañá de hoxe e co obxectivo de mellorar a súa intervención nos casos de accidentes de tráfico, Protección Civil ten organizado unha xornada de excarceración de feridos atrapados en vehículos nun accidente. Para isto empréganse catro vehículos que se atopan no antigo mercado de gando na Marisma.

As clases, nas que participan os 15 membros do Grupo de Intervención Rápida de Redondela, están sendo impartidas por dous bombeiros de Vigo.
Os axentes aprenden así a actuar naqueles sinistros nos que hai vítimas atrapadas no interior dos vehículos accidentados. O protocolo é moi concreto xa que os axentes deben en primeiro lugar valorar o estado físico e as circunstancias nas que se atopa a persoa atrapada, estabilizar e inmobilizar aos accidentados e a continuación proceder á excarceración realizándose as manobras necesarias para liberar aos feridos creando un espazo para sacalos de entre os ferros.
Na práctica de hoxe trátase de crear unha situación que sexa o máis semellante ao real.
Curso para os voluntarios
Protección Civil organiza durante tres fins de semana consecutivos un curso de accidentes en estrada no que participarán 30 voluntarios procedentes de diferentes agrupación de toda a provincia. Ao logo de 40 horas os asistentes recibirán coñecementos de tráfico, socorrismo e excarceración. Impartirase os sábados e domingo en horario de 9:00 a 14:00.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará