Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Peregrinar a Santiago en defensa do territorio

RR_Noticias

A plataforma cidadá contra a autovía organiza os días 22, 23 e 24 de outubro unha marcha a Santiago baixo o lema “pola defensa do territorio e por unha mobilidade sostible”. Sairá o venres ás 8:00 dende Vilar para chegar o domingo á capital galega. Os que o desexen poderán sumarse en calquera punto do traxecto

Tres xornadas de convivencia que inclúen tamén un intenso programa reinvindicativo e cultural a través do cal queren achegar aos veciños doutras localidades os motivos que lles levan a posicionarse contra a construcción tanto da autovía A-59 entre Pontevedra e O Confurco como do seu ramal A-57 dende Vilaboa a Peinador. Nos actos informativos que irán realizando ao longo do camiño que separa Redondela da capital galega chamarán tamén a atención sobre os efectos que o polígono industrial Chan das Pipas tería particularmente na parroquia de Saxamonde. Membros do colectivo entregarán ademais tamén tanto en Pontevedra como en Redondela e Soutomaior escritos nos que reclaman unha vez mais o rexeitamento destes concellos a unha infraestructura viaria que vai afectar directamente ao seu territorio Programa A saída terá lugar o venres ás 8:00 horas dende o miliario de Vilar ata chegar a Pontevedra onde pola tarde instalarán unha mesa informativa na praza da Ferrería onde desenvolverán tamén un programa que inclúe unha representación de monicreques, unha actuación de maxia e un pequeno concerto. O sábado estímase que a marcha chegue ata Padrón para xa o domingo chegar a Santiago onde celebrarán unha concentración na Alameda. Dende a plataforma animan a todos os que o desexen  sumarse en calquera dos tramos do camiño. Mais información nos teléfono º699 117 128 ou 660 903 309.  

Belén Fervenza Plataforma Cidadá
Mesas infromativas e recollida de sinturas para pedir a paralización das autovías e o polígono
Unha marcha reivindicativa
O obbxecitvo é sensibilizar e charmar a atención sobre as problemáticas que preocupan á plataforma

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará