Hoxe é Mércores 1 de Febreiro de 2023
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP denuncia que as augas fecais anegan tramos do Camiño a Santiago ao seu paso por Vilar

RR_Noticias

Os populares aseguran que a parroquia redondelá está completamente esquecida por parte do goberno local algo que se reflexa “no saneamento, o mal estado dos viais e dos espazos públicos, así como tamén nas instalacións deportivas”

Engade o líder do PP, Javier Bas, que o abandono é tal que incluso actuacións tan básicas como é o saneamento está a causar problemas no traxecto do Camiño de Santiago que por esta zona discorre e polo que pasan milleiros de peregrinos. Denuncian que no tramo que vai dende Chan das Pipas a Santiaguiño realizouse recentemente unha obra de saneamento que afecta a unha ducia de veciños, na que se instalou unha estación de bombeo que deixou de funcionar provocando a acumulación das augas fecais no depósito e a saída das mesmas directamente polas tapas dos rexistros cara ao exterior nunha cantidade importante que encharca varios metros do camiño, vía de entrada para estes veciños e de paso para os milleiros de persoas que peregrinan a Santiago neste ano Xacobeo. Ademais, noutras rúas as tapas dos rexistros e as arquetas non están instaladas como é debido polo que non soportan o paso dos vehículos, rematando por afundirse e crear fochancas e roturas do firme co perigo que isto conleva para conductores e viandantes.
Reclaman tamén dende o PP que o goberno preste atención aos lavadoiros e fontes xa que “fontes como a dos Teixugos no Muiño do medio, a fonte do Fixón e a fonte de San Martiño atópanse nun estado lamentable”.
Por outra parte, “infraestruturas como son as instalacións deportivas tampouco gozan de boa saúde”. O campo de fútbol do equipo da parroquia que milita na terceira división autonómica, o Atlético de Vilar, e no cal tamén xoga un equipo xuvenil, “presenta un estado vergoñoso” segundo declaracións de Bas.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará