Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Duelo fraternal no Moaña-Arcade

RR_Noticias

O Arcade e o Moaña, os dous equipos da 1ª Autonómica, están dirixidos polos irmáns Marcos e Jacobo Montes, respectivamente. Mediranse o domingo no campo do Morrazo nun partido “moi especial” no que ademais a maioría dos xogadores son antigos compañeiros.

O equipo de Soutomaior está a vivir un comezo de liga complicado, xa que o cadro de xogadores é “practicamente novo”. Con respecto á anterior temporada houbo 14 baixas, e as incorporacións foron tamén de xogadores “moi novos”, como explica o adestrador, Jacobo Montes. Con todo, o técnico amósase satisfeito cos resultados, xa que nas últimas semanas o rendemento do equipo mellorou, e agarda que en 3 ou 4 semanas o conxunto se adapte mellor e consolide o seu xogo. Despois do empata co Tomiño o pasado domingo, ocupan o posto 16º da táboa, pero confían en seguir escalando posicións nas próximas xornadas. A seguinte cita é no Morrazo, onde disputarán un partido “moi especial” co Moaña. Trátase de dous equipos que se coñecen ben, sobre todo se nos fixamos no banco dos adestradores. E é que os dous técnicos son irmáns. Os de Soutomaior serán os visitantes dun encontro no que o equipo local está dirixido por Marcos Montes. Será polo tanto un partido de rivalidade, as dúas formacións se coñecen ben, xa que ademais moitos xogadores son antigos compañeiros noutros equipos. De feito, moitos dos futbolistas do Moaña formáronse nos equipos base do Arcade. A situación na táboa favorece ós do Morrazo, na metade da clasificación e que, ademais, xoga na casa. Con todo, o Arcade viaxe co obxectivo de traer os tres puntos para non afundirse nos postos baixos da táboa.

Jacobo Montes adestrador
O técnico confía en que o equipo mellore os resultados nas próximas semanas.
Moaña-Arcade
Será un partido especial xa que se enfrentan dous irmáns no banco de adestradores

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará