Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP de Redondela denuncia o “abandono” da zona da Marisma e os novos paseos

RR_Noticias

O grupo popular de Redondela critica a actitude do goberno local pola súa “inoperancia” na conservación de espazos naturais como a zona da Marisma e o novo paseo no río Pexegueiro. Denuncian que o entorno, logo de mellorarse cun investimento de 750.000 €, está agora cheo de lixo e descoidado.

Cándido Vilaboa, concelleiro do PP en Redondela, lamenta a falta de conservación nos paseos do río Pexegueiro e da Portela, que conforman para os populares un dos enclaves naturais máis emblemáticos do municipio. Lembran que en 2009 executáronse unha serie de obras para a súa recuperación e acondicionamento cun investimento de 750.000 euros. Sinala Vilaboa que o obxectivo destas obras era poñer en valor e recuperar o lugar como un espazo de lecer para os veciños e visitantes, “finalidade non acadada” xa que estas infraestruturas están “abandonadas”. Denuncian que o paseo pola beira do río Pexegueiro “está cheo de maleza, con lixo, restos de botellón, bolsas e papeis”. Do mesmo xeito sinala que algunhas das fontes destes paseos están estragadas ou fóra de servizo, as papeleiras cheas e moitas das árbores están a secar por falta de rego.
Neste sentido, o PP insta ó goberno local a que actúe “de inmediato” e realice as funcións que lle compete para paliar “este lamentable espectáculo”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará