Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Fenosa retirará a torreta de Moreira

RR_Noticias

Logo de quince anos de protestas veciñais a eléctrica investirá 50.000 euros en trasladar a torreta da luz da estrada ademais de instalar un novo transformador de alta tensión que mellorará o subministro nesta parroquia de Soutomaior.

A Asociación de Veciños de Moreira viña reivindicando dende mediados dos anos noventa a retira dunha torreta de electricidade, sita na estrada, que impedía o paso dos coches e non tiña a suficiente potencia para dar un bo subministro a todos os habitantes da parroquia. Nin as protestas nin a recollida de sinaturas lles serviron para conseguir o seu obxectivo até o momento.
Hoxe o Concello de Soutomaior en colaboración coa asociación veciñal desta parroquia chegaron a un acordo con Unión Fenosa, polo cal a subministradora eléctrica comprometeuse a cubrir as necesidades dos habitantes prexudicados e investir máis de 50.000 euros no traslado da instalación eléctrica. Ademais de instalar un novo transformador de alta tensión que mellorará a calidade de vida dos veciños cun mellor subministro eléctrico.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará