Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Aprendendo inglés coa “teacher” Patsy

RR_Noticias

O CEIP Outeiro das Penas, en Cesantes, é un dos seis centros galegos que conta cunha profesora de inglés nativa, grazas a un proxecto da Consellería. Todo un “luxo” para este colexio no que Patsy Schmitz será un apoio tanto para os alumnos como para os mestres. Trátase dunha mestra xubilada procedente de Colorado, nos EE.UU.

O CEIP Outeiro das Penas recibiu esta semana a Patsy Schmitz, a docente senior que a Consellería de Educación lle adxudicou para o próximos tres meses aproveitando a súa estrea como centro plurilingüe. Este colexio de Cesantes, con máis de 250 alumnos, é un dos seis centros elixidos pola Xunta para participar neste proxecto. Outras cinco profesoras xubiladas de Estados Unidos, Canadá e Gran Bretaña xa dan clases de inglés nos centros da Reigosa, Noia, O Corgo, Vilar de Barrio e A Fonsagrada. En Cesantes cualifican como “un verdadeiro luxo” ter a esta mestra con eles durante tres meses, e pesan que vai ser unha experiencia moi positiva, tanto para os alumnos como para o profesorado. Para aproveitar “ó máximo” a súa estadía no centro, reformularon os horarios das aulas para que todos os grupos poidan recibir clases desta “teacher”. A directora do centro, Esther Míguez, valora moi positivamente a súa presenza na escola, xa que é un estímulo para os alumnos, que se afarán mellor á fonética inglesa. Patsy Schmitz, natural de Denver, Colorado, será un apoio tamén para os cinco profesores que impartirán inglés e plástica en lingua estranxeira. E a convivencia con ela, cada día, será para toda a comunidade educativa como unha especie de inmersión lingüística “sen saída da casa”, como explica a directora. Míguel salienta que a adaptación da mestra, á que cualifica de “extraordinaria” está a ser moi rápida, xa que ten un carácter “moi afable” e estase a integrar rapidamente. De feito esta docente americana, con 40 anos de profesión, xa ensinou inglés en Venezuela, Costa Rica e Guatemala. No CEIP Outeiro das Penas elaboraron un programa específico para os alumnos de Primaria para desenvolver en tres meses, nel que vincularán inglés e plástica cun proxecto sobre arte. Como a estancia da mestra estadounidense coincidirá tamén coa celebración do Samaín e a preparación do Nadal, traballarán tamén as tradicións americanas de “Halloween” e os “Christmas”.

Esther Míguez directora
No centro salientan que ese proxecto supón unha gran oportunidade para alumnos e mestres
Inmersión lingüística
A convivencia diaria con Patsy enriquecerá esta experiencia

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará