Hoxe é Venres 4 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco perde tres puntos no último minuto

RR_Noticias

Ningún dos equipos locais conseguía sumar tres puntos esta semana. Á derrota do Choco fronte ao Ourense por cero a un, temos que sumarlle a do Arcade ante o Mondariz por un a catro e a do Nespereira a quen lle anotaba tres goles o Cañiza. O Chapela e o filial do Choco conseguían un punto logo de empatar co Moaña e o Lavadores.

Regional Preferente
Choco-Ourense b (0-1). Nin os xogadores, nin a falta de acerto foron os protagonistas do encontro que disputaron este fin de semana o Choco e o Ourense no campo de Santa Mariña. Sería o colexiado Marcos Quintela o que ocuparía toda a atención do encontro logo de sacarlle tres tarxetas amarelas ao Choco e unha vermella ao redondelán Solla e outras tres amarelas ao Ourense. A expulsión do porteiro dos choqueiros aos cinco minutos de comezar, por unha falta ao borde da área ao ourensán Rubén, marcarían o partido.
Noventa minutos sen goles e con poucas oportunidades. Nin aos locais nin tampouco ao Ourense serviulles o descanso para cambiar o ritmo de xogo. Sería no último minuto do partido cando chegaría a xogada decisiva. Saque de esquina do Ourense, despexa a defensa do Choco, coa mala sorte de que o balón remata nos pés do ourensán Ismael que dispara a porta marcando o tanto do partido.
Así as cousas o Choco queda afundido na parte baixa da táboa, é décimo terceiro con tres puntos e a próxima semana non o terá nada sinxelo, xa que se medirá cun dos máis fortes da categoría. Visita a casa do Gran Peña que logo de conseguir dez puntos no que vai de liga, é o segundo de Preferente Sur, a tan só dous puntos do líder o Verín, polo que non deixará escapar a oportunidade para acurtar distancias co cabeza de lista.
Primeira Autonómica
Arcade-Mondariz (1-4) Baño de goles para o Arcade. Os de Mondariz chegaron pisando forte e amosando por que son os segundos do grupo. Malia que chegaron ao primeiro tempo cun resultado de un a dous e os de Soutomaior tiveron oportunidade de empatar o encontro nun lanzamento que remataría na escuadra, no segundo tempo os xogadores do Mondariz marcarían a diferencia e non tería dificultade para anotar dous tantos máis.  Un a catro foi o resultado final do partido, que deixa sen tres puntos ao Arcade e no penúltimo posto da táboa, tan só por riba do Castrelo que pecha a categoría. A próxima semana visitarán a casa do San Adrián que tampouco está tendo un moi bo inicio de tempada. É o décimo segundo e esta semana perdía fronte ao Gondomar.
Chapela-Moaña (1-1). Empate para o Chapela fronte ao Moaña na casa. Malia que tivo varias oportunidades para aumentar o marcador a falta de acerto faría que pechen esta xornada sumando só un punto na súa clasificación. Os xogadores da comarca do Morrazo sería os encargados de abrir o marcador grazas a un lanzamento de Curra, pero un cuarto de hora despois os locais anotaría o gol do empate.
Resultado que os deixa quintos de Primeira Autonómica no grupo cuarto e para a semana podería colocarse entre os catro primeiros se lle gaña ao San Martín, campo que visita a próxima xornada. O San Martín é décimo na táboa.
Terceira Autonómica
Lavadores-Choco (1-1) O filial do Choco non conseguiu pasar por diante do Coia e encabezar a clasificación logo de que este empatase e os choqueiros tamén. Empate a un tanto que deixa aos redondelás na terceira posición, empatado co segundo o Coia e a dous puntos do líder o Vitoria. A próxima semana recibirán en Santa Mariña ao Casablanca, noveno na táboa, que logo de vencer co segundo do grupo tentará seguir coa boa racha e sumar tres puntos.
Nespereira-Cañiza (1-3) O Nespereira non puido na casa contra o segundo do grupo o Cañiza, que se impuxo sen dificultade, aínda que se atoparon con máis resistencia da que esperaban e o Nespereira conseguiría acurtar distancia cun tanto, pero non lles serviría para acadar a vitori, xa que os visitantes empataban en marcaban dous tantos máis. Derrota que deixa aos de Nespereira sen inaugurar a clasificación, teñen cero puntos, e no terceiro posto pola cola, só por diante, do Areas e o Oliveira. A próxima xornada enfrontaranse ao Rubios na súa casa.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará