Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Dous detidos acusado dos roubos de cable en Fornelos de Montes e Pazos de Borbén

RR_Noticias

A Garda Civil sorprendeu aos sospeitosos nunha furgoneta cando transportaban mil metros de cables eléctricos. No momento da detención circulaban pola estrada provincial que une os Concellos de Redondela e Fornelos.

Os feitos sucederon na madrugada do pasado xoves cando efectivos do posto da Garda Civil de Fornelos procederon a inspeccionar unha furgoneta modelo Peugeot Partner cando circulaba pola estrada PO-250 (Redondela-Fornelos), con dous ocupantes. Tras darlles o alto comprobaron que no seu interior transportaban uns mil metros de cable de aluminio de tendido de alta e baixa tensión e de diferentes calibres, o cal subtraeran nas instalacións que unha empresa eléctrica ten no polígono industrial de Racelo, no municipio da Lama.
Os dous detidos son J.C.T.V., de 35 anos de idade, con domicilio en Ponteareas, e M.C.F.D., de 27 e veciña Salvaterra de Miño, e están acusados dun delito de roubo. Os supostos ladróns foron trasladados ás dependencias oficiais do posto de Fornelos de Montes onde se iniciou a instrución das dilixencias, nas que se lles imputan catro delitos máis por roubo de fío de cobre realizados durante este mes nos municipios de Fornelos de Montes e Pazos de Borbén. Os detidos foron postos a disposición do Xulgado de Instrución número Un de Redondela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará