Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A CIG esixe a recolocación dos 320 traballadores despedidos nas obras do AVE en Redondela

RR_Noticias

Desde o sindicato instan ó Concello de Redondela a presionar a Fomento para que se contrate traballadores da comarca para estas obras. Sería como unha “contraprestación” para a sociedade polos prexuízos que as obras do Val do Maceiras causan os veciños.

A tuneladora atrancada este verán está xa desbloqueada, por iso os empregados reclaman ao Ministerio de Fomento que renove as obras para que se poidan incorporar aos seus postos de traballo os 170 que quedaron na rúa en agosto, tras a paralización da máquina. A estes despidos viranse a sumar este mesmo mes outros 150 traballadores, a maioría xustificados por finalización de traballo. Pero a obra, tal como denuncia a CIG “non está rematada”. Xulio Vicente, da CIG Construcción, denuncia a “improvisación e escurantismo” das empresas e do propio Ministerio de Fomento, e esixe a recolocación dos traballadores despedidos “tal e como prometeron desde a Xunta e o Concello de Vigo”. Neste sentido Vicente fai tamén un chamamento ó Concello de Redondela, ó entender que o alcalde, Xaime Rei, debería “presionar” ó Ministerio de Fomento para que se contrate “a traballadores da comarca” para realizar as obras. Ao seu entender sería como unha “contraprestación” para a sociedade polos “graves prexuízos” que estes traballos no Val do Maceiras están a causar ós veciños. Agora a maioría dos operarios da obra son de fóra, e só un 15% pertencen á Area Metropolitana de Vigo. En canto ás condicións laborais dos traballadores nas obras do AVE, denuncian que a súa situación é “precaria”, con longas xornadas de ata 13 horas dentro do túnel. Ante situacións de “indefensión” como a vivida por estes traballadores, con despidos improcedentes e coaccións, a CIG cre máis necesario que nunca mobilizar á cidadanía. Por iso defenden a convocatoria de folga xeral para o próximo día 29. No sindicato nacionalista son conscientes de que “chega tarde” e que deberían terse feito xa antes, pero salientan a necesidade de que a reposta dos traballadores “sexa masiva” para evitar unha reforma laboral que supón “un pau” á clase obreira.

Xulio Vicente CIG Construción
O sindicato esixe que se cumpra o compromiso de Xunta e Concello
Contratos na comarca
Piden a implicación do Concello de Redondela para que se contrate a traballadores da zona
Folga xeral
A CIG fai un chamamento ós traballadores para que saian á rúa

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará