Hoxe é Luns 9 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un redondelán de 32 anos faleceu nun aparatoso accidente en Salvaterra

RR_Noticias

No sinistro, rexistrado na tarde de onte, víronse implicados dous turismos e un camión. O veciño de Redondela, de iniciais A.C.D, perdeu a vida no acto. Outro home, de 42 anos, resultou ferido grave no mesmo suceso.

O accidente, moi aparatoso, polo número de vehículos implicados, produciuse en Salvaterra. Foi ao redor das 16.10 horas na PO-510, no tramo desde Salvaterra a Salceda. Dous coches chocaron de fronte cando un deles adiantaba a un camión. O condutor do Seat Córdoba, un redondelán de 32 anos de iniciais A.C.D., faleceu no acto. Mentres, C.L.L., de 42 anos, veciño da comarca e que conducía un Daewo Nubira, resultou ferido grave. Por outra banda, o condutor do camión Mercedes Benz, F.G.M., de 44 anos, resultou ileso. O coche do falecido, tras impactar primeiro co turismo, chocou despois coas rodas do tráiler. Para rescatar á vítima mortal interviñeron os bombeiros do Parque Comarcal do Porriño.
Unha xornada negra a de onte nas estradas galegas, cun total de tres falecidos e un ferido grave. As outras dúas vítimas mortais foron un home de 59 anos, discapacitado, que morreu no hospital tras ser arroiado por un vehículo cando cruzaba a calzada en Boiro (A Coruña) e unha muller de 57 anos que pereceu ao envorcar o seu tractor nunha leira do municipio coruñés de Ordes.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará