Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O cadro El Caminante de Friedrich poderá verse na Illa de San Simón

RR_Noticias

A beleza da paisaxe, o entorno e o ambiente da Illa e da Enseada de San Simón cativaron ao pintor madrileño Ángel Orcajo que o plasmou no cadro “El caminante de Friedrich frente a La Isla del Pensamiento”. Agora o artista vén de doalo á Fundación Illa de San Simón.

O pintor madrileño Ángel Orcajo vén de ceder á Fundación Illa de San Simón este cadro por ser este enclave natural a súa fonte de inspiración logo de participar no Foro Estrategar, celebrado na Illa o pasado mes de xuño.
Considerado unha das figuras máis relevantes das artes plásticas contemporáneas, con exposicións en importantes museos de España e fora destas fronteiras, Ángel Orcajo recoñeceu que durante a súa estancia na Illa sentiuse abraiado pola paisaxe, o entorno e o ambiente. Estas impresións traducíronse nunha obra realizada con técnica mixta sobre madeira cun formato de 220 x 100 centímetros.
O emprazamento escollido polo artista para a súa instalación permanente na Illa de San Simón foi o vestíbulo da Residencia Stella Maris. Orcajo continúa así esa relación especial que mantén con Galicia e que o levou a establecer un estudo de traballo na Costa da Morte.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará