Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Casa da Cultura acolle a presentación dun libro que analiza o novo decreto do plurilingüismo

RR_Noticias

A concellaría de Normalización Lingüística presenta a obra “Estudos xurídicos sobre o Decreto para o plurilingüismo” de Edicións Laiovento. O acto celébrase mañá venres, na Casa da Cultura, ás 20.00 horas. O libro, coordinado polo xuíz Luís Villares, é unha análise concienciuda dende o punto de vista legal sobre a norma lingüística aprobada polo Executivo de Núñez Feijóo.

Maxistrados, avogados e profesores universitarios especializados en diversos campos reflexionan sobre o decreto do plurilingüismo e poñen de manifesto o que cualifican como “aberracións” e “falacias” legais do documento. Villares encabeza un grupo de expertos no que se atopan os profesores de Dereito administrativo Alba Nogueira e Carlos Amoedo, os avogados Xosé Manuel Fernández, Héctor López, Blanca Roura e Xesús Costa e a xuíza Dalila Dopazo. Os estudos destes expertos chegaron a unha serie de conclusións sobre as deficiencias legais que se poden atopar no documento. A obra explica que no decreto “hai erros conceptuais sobre os principios de igualdade e de liberdade”. Confunde a liberdade como medio e a liberdade como fin. No aspecto da igualdade, a Xunta defende a equiparación do 50% entre galego e castelán como unha conquista de igualdade, pero omite o punto de partida das linguas”, segundo sinala Luís Villares.Outro aspecto que se cuestiona no estudo é que o decreto vulnera a Carta de linguas rexionais ou minoritarias na programación do sistema educativo, tratado internacional incompatible co decreto.A presentación da obra correrá a cargo da concelleira de Normalización Lingüística, Anxeles Babarro, e aqueles que o desexen poderán mercar o libro, que se porá á venda.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará