Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco busca o apoio dos equipos de Terceira para acadar o ascenso que lle nega a Federación

RR_Noticias

A directiva do Club está á espera de recibir a resolución da Federación para demandar nos Xulgados a praza que deixou vacante o Compostela. Acusan ao órgano federativo de non ser parciais neste polémico asunto e reiteran que a praza correspóndelle ao Choco polos seus logros deportivos. 

A directiva do Club reunirase este sábado en Santiago cos clubs que militan en Terceira División e que xa mostraron o seu malestar ante a decisión da Federación Española de Fútbol de deixar vacante a praza que ocupaba o Compostela. Esta decisión supón que o Choco queda fora da categoría, a pesar de que deportivamente a praza lle correspondería por ter gañado o play off de Preferente, e que a categoría quedará nesta tempada con tan só dezanove equipos. Aínda que a Federación da por liquidado o caso do descenso do Compos despois de que ningún equipo aceptase asumir as 216.000 euros que pedina pola praza en Terceira, o certo é que o Choco seguirá pelexando e está á espera de que lles chegue a resolución do órgano federativo para acudir aos xulgado. Unha medida que con todo non lles gusta, xa que saben que a sentencia -que con total probabilidade será favorable aos seus intereses- podería demorarse incluso anos. Dende a directiva non escatiman descalificacións cara a Federación a quén acusan de non ser parciais neste conflito. Insisten en que si o equipo que tivera opcións ao ascenso fose un equipo forte como o Celta ou o Pontevedra, todo se tería solucionado moito antes.

José Suaréz membro da directiva
O choco non tira a toalla na súa intención de ascender a Terceira
Denuncia nos xulgados
Queren solucionar agora un tema que nos xulgados podería demorarse anos
Críticas á Federación
Entenden que o organismo non está a ser parcial no asunto

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará