Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Concerto de Eigualdeixa, pioneira do rock redondelá

RR_Noticias

A formación orixinal da banda, que deixou unha gran pegada na comarca hai máis dunha década, volve reunirse este sábado, 7 de agosto, na Casa da Torre de Redondela nun concerto que se iniciará ás 23:00 horas. Ademais do repertorio de sempre, ‘Eigualdeixa’ presenta seis novos temas dentro do seu máis puro estilo ‘pop-changa’.

Aídna que non chegaron a gravar nada serio os seus directos lograron acadar unha importante sona fóra da Vila dos Viadutos. De feito, os concertos de Eigualdeixa, que naceu a mediados dos oitenta, sempre foron sinónimo de cheo absoluto.
Unha década despois da súa disolución, os primeiros integrantes da banda volven xuntarse enriba do escenario para ofrecer diversión, sorpresas e lembranzas, pero tamén novos temas fieis ao seu peculiar estilo.
Tatán (voz), Jandro (baixo), Tejo (guitarra), Mingui (guitarra) e Fon (batería) súbense ao escenario novamente este sábado para homenaxear os seus incondicionais e darse a coñecer entre os máis novos.
Pioneira dos grupos de rock redondelás, Eigualdeixa marcou unha época de grande efervescencia musical, xunto a Tres bajo cero, que chega até os nosos días. Dende aquela, a canteira local non deixou de agromar novos grupos entre os que atopamos nomes como Nocheni, Marxe Eskerda, Tok, The Silence, Beatus Ille, Circo de Pulgas ou Belöp.
A cita será o vindeiro sábado, 7 de agosto, na Casa da Torre de Redondela a partir das 23h00, dentro do programa das ‘Noites máxicas dos viadutos’, que organiza o concello.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará