Hoxe é Sábado 7 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco reclama o ascenso a Terceira División

RR_Noticias

O equipo rexeita pagar os 216.000 euros que lle esixe a Federación Española de fútbol, xa que entenden que deportivamente é o Choco quen ten que ocupar a praza que deixa vacante en Terceira División o Compostela.

A Federación española de fútbol esíxelle ao equipo redondelán que abone 216.000 euros para ocupar na próxima tempada a praza de terceira División que queda vacante logo de que o Compostela fose descendido a Preferente por non pagar as débedas que tiña pendentes cos seus xogadores. O club de Redondela entende que a posto que queda libre lle corresponde logo de que se impuxesen ao Dorneda no play off de final de tempada, pero dende a Federación comunicáronlles que para ascender a terceira División previamente teñen que pagar os 216.000 euros que o Compós adebeda á Federación Española, segundo explicaba o presidente do Club, Cándido Mirou quen esta mesma mañá se desprazaba a Coruña para reunirse con representantes da Federación. Mirou entende que abonar eses cartos sería como “comprar a praza” cando é algo que lles corresponde porque “o gañamos no campo ante o Dorneda”. Insisten en que o Club Deportivo Choco en ningún caso vai poñer a cantidade que lles reclaman porque “o equipo non ten tantos cartos e porque sería diñeiro que nunca se recuperaría” O presidente do Choco entende que o club debería ascender para ocupar o lugar que o equipo merece, pero haberá que esperar ao vindeiro xoves día 5, data na que a Federación ten que tomar unha decisión definitiva ao respecto.

Candido Mirou presidente do Choco
Sorpresa na directiva ante a decisión da Federación que cualifican de ilóxica
Unha praza merecida
O presidente do club lembra que deportivamente é unha praza que lles corresponde

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará