Hoxe é Martes 8 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O concello de Soutomaior pide a modificación da nova Lei de Augas

RR_Noticias

A proposta, presentada polo BNG e apoiada polo PP local, pretende dar marcha atrás a suba de impostos que recolle a normativa presentada pola Xunta e que está en fase de tramitación parlamentaria. 

O pleno de Soutomaior aceptou o texto presentando polo grupo nacionalista pola que reclaman “garantir o acceso ao ciclo completo da auga a todos os galegos en igualdade de condicións e unha fiscalidade progresiva para a auga que non supoña un incremento da carga impositiva na situación actual de crise pola vía dos impostos indirectos”. O voceiro municipal do Bloque, Fernando Herrero, destacou que a norma foi elaborada de costas aos concellos e que ten que ser sometida a consulta pública.
A nova Lei de Augas, que se atopa en trámite parlamentario, suprime as exencións existentes na actualidade para os núcleos de poboación de menos de 2.000 habitantes. Esta medida afecta especialmente aos habitantes do rural que terán que pagar o canon polo aproveitamento da auga dos seus propios pozos ou de traídas veciñais, aínda que non teñan servizos públicos de abastecemento de auga ou saneamento.
A lei presentada polo PP obriga ademais a instalar contadores homologados nos pozos particulares, baixo a ameaza de multas de até 30.000 euros ou que se lle aplique un consumo estimativo. Os nacionalistas de Soutomaior considera que se trata dunha política fiscal abusiva que queren aplicarlle a toda a poboación co único obxectivo de recadar cartos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará