Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Denuncian a dous veciños de Soutomaior e Cangas por furtivismo

RR_Noticias

Membros de Protección Civil sorprenderon aos dous homes na madrugaba do xoves cando arribaban á zona de “Matilde” con sesenta quilos de ameixa extraida de xeito ilegal nunha praia de Arcade.

A Garda Civil de Soutomaior presentou unha denuncia contra un veciño desta localidade e outro de Cangas, aos que sorprenderon transportando 60 quilos de ameixa extraida de forma ilegal dunha praia da localidade de Arcade.
Membros de Protección Civil detectaban sobre as 4,00 horas da madrugada deste xoves a dous homes nunha embarcación que estaba a piques de chegar a terra na área coñecida como “Matilde”. No interior da lancha na que viaxaban, tipo Zodiac, os dous homes transportaban 60 quilos de ameixas, cuxo valor no mercado podería alcanzar os 400 euros. Segundo o Instituto Armado a embarcación carecía de placa ou folla identificativa.
As ameixas incautadas foron entregadas á confraría de pescadores de Arcade para a súa devolución.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará