Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un obradoiro en Cedeira fomenta entre os cativos o reparto igualitario das tarefas do fogar

RR_Noticias

No obradoiro “Colaboramos por igual” os nenos aprenderán nocións básica de costura e cociña e as nenas realizarán actividades de bricolaxe e pintura. A actividade está organizada pola concellaría de Servizos sociais e Igualdade e está dirixida a nenos e nenas de entre 4 e 12 anos.

O obxectivo do obradoiro, que leva por nome “Colaboramos por igual” é fomentar a educación en igualdade, educar na idea de compartir tarefas e mentalizar a nenas e nenos das súas habilidades e capacidades para desenvolver calquera tarefa no fogar.
O obradoiro está dirixido a rapaces de entre 4 e 12 anos e desenvolverase no Centro Cultural de Cedeira os días 2 ao 6 de agosto en horario de 10:30 a 12:30 da mañá.
Os nenos aprenderán nocións básicas tarefas do fogar, asistirán a un taller de abalorios e costura e aprenderán a elaborar sinxelas receitas de cociña.
Pola súa banda, as nenas realizarán actividades de bricolaxe, pintura e arranxos básicos do fogar.
Os interesados poden incribise no teléfono 986 40 80 43 ou achegarse o propio día de inicio no Centro Cultural, o luns 2 de agosto.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará