Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Financiamento público privado para a A-59 e ampliación de Rande no 2011

RR_Noticias

O ministro de Fomento confirmou que se manteñen os prazos para a ampliación da autoestrada AP-9 e adianta que se recorrerá a unha fórmula mixta público-privada para financiar a futura A-59. A Plataforma Cidadá ve nesta fórmula unha porta aberta para converte a vía nunha autoestrada de peaxe.

Os recortes no Ministerio de Fomento non van afectar ás grandes infraestruturas na comarca. Así o confirmou onte o titular deste departamento, José Blanco que asegurou que se manteñen os prazos para á ampliación da AP-9 coa súa contratación prevista para principios do 2011. Un proxecto no que se inclúe a instalación do terceiro carril sobre a ponte de Rande e a ampliación do tramo que afectará de cheo a parroquia de Chapela co fin de “resolver os problemas máis agudos que ten esa arteria tan importante” segundo declaracións do Ministro. Engadiu tamén que seguirá vixente a construcción da autovía A-57 entre Pontevedra e Vigo, unha obra que comezará pola circunvalación de Pontevedra como alternativa á autoestrada do Atlántico, aínda que non deu prazos e apostou por centrarse nos “proxectos maduros”. Si hai cambios en canto ao financiamento desa futura autovía xa que adiantou que se recorrerá a unha fórmula mixta público-privada. Unha fórmula que ao entender da Plataforma Cidadá apunta cara á privatización desa vía que “podería converterse nunha nova autoestrada de peaxe ante a imposibilidade por parte de Fomento de financiar e manter a infraestrutura”.

José Blanco Ministro de Fomento
A ampliación da AP-9 será contratada a principios do 2011
Tino Míguez Plataforma Cidadá
O sistema mixto para financiar a A-59 apunta a unha privatización da autovía que podería converterse nunha vía de peaxe

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará