Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unha viaxe en catamarán para revivir a batalla de Rande e coñecer San Simón

RR_Noticias

Unha iniciativa da axencia de viaxes Loa en colaboración co Concello de Vigo permite percorrer nun catamarán a historia da Ría. Un servizo do que se poden beneficiar os milleiros de cruceiristas que anualmente se achegan á cidade así como os que queiran revivir a nosa historia.

A iniciativa, enmarcada dentro do proxecto “Embárcate con Vigo” consiste nunha excursión marítima con dúas saídas ás 11:00 e as 17:00 horas os sábados e domingos durante o verán. Un catamarán con capacidade para 100 persoas  é o encargado de levar a todos aqueles que queiran gozar dun paseo marítimo-cultural dende o peirao de Vigo ata a illa de San Simón. Os pasaxeiros irán acompañados dunha audioguía que lles irá narrando a historia da enseada e lles permitirá revivir a batalla de Rande. Posteriormente farán unha parada de hora e media na Illa de San Simón segundo nos explicaba o ideólogo da iniciativa, o director da Axencia de viaxes Loa, Luís Otero. A idea pretende ser unha alternativa de ocio para os milleiros de turistas que atracan en Vigo que teñen así, ademais da tradicional visíta a Santiago de Compostela, a posibilidade de coñecer a ría nunha viaxe de tres horas cuxo custe é de 15 euros para adultos mentres que os menores de 12 anos pagarán dez euros do mesmo xeito que os maiores de 65.

Luis Otero Viaxes Loa
A visita inlúe unha parada na Illa de San Simón
MIlleiros de cruceiristas
Unha alternativa de ocio na propia enseada

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará