Hoxe é Luns 7 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Ano e medio de cárcere para un veciño de Redondela por queimar seis montes na comarca

RR_Noticias

O pirómano deberá indemnizar ademais con 5.670 euros á consellería de medio rural polos gastos que supuxo o desprazamento e actuación das súas brigadas de extinción nos lumes.

Os feitos tiveron lugar hai un ano, exactamente entre o 15 de agosto e o 15 de setembro do 2009 cando o home C.D.F., de entre 35 e 40 anos de idade, plantou lume a un total de seis monte segundo el mesmo recoñeceu durante o xuízo. Ademais de recoñecer os feitos afirmou que o facía para desfogarse porque estaba en paro ao que habería que engadir os seus problemas co alcoholismo.
As súas accións incendiarias producíanse entre as dúas e as tres da madrugada e sempre seguía o mesmo modus operandi: fabricaba unha especie de cócteles molotov enchendo botellas cunha mestura de combustible e aceite e logo prendíalles lume, lanzando os recipientes nos terreos dos seus veciños. A superficie queimada non superou as 0’2 hectáreas e a foresta calcinada foi de restrollo e mato.
O acusado aceptou a condena que reclamaba o fiscal, de ano e medio de cárcere evitando así enfrontarse a un xuízo con xurado popular.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará