Hoxe é Venres 11 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Nove parroquias do concello contarán con ludoteca nos meses de xullo e agosto

RR_Noticias

A actividade, organizada pola concellería de servizos sociais e igualdade, vai dirixida a rapaces de idades comprendidas entre os 4 e os 12 anos. Os cativos poden participar achegándose directamente ao centro no que se desenvolva a actividade ou chamando previamente ao teléfono 986 498043

Un ano máis as parroquias do concello contarán cun servizo de ludoteca durante os meses de verán. O obxectivo é favorecer á conciliación da vida persoal e familiar de nais e pais nas vacacións escolares, propiciando ademais unha colaboración a nivel comunitario entre asociacións veciñais e culturais e ofrecendo un programa e un espacio lúdico alternativo para os cativos.
Así, a partir do 1 de xullo as parroquias de Cabeiro, Cedeira, Chapela, o Viso, Ventosela, Negros Vilar de Infesta, Reboreda e Saxamonde disporán deste servizo no que poden inscribirse xa aqueles que o desexen, ben chamando ao teléfono 986 408043 ou acudindo directamente á sede da asociación ou centro cultural no que se desenvolva a ludoteca.
Os lugares elixidos son o centro cultural de Cabeiro, Cedeira e Cidadelle. As asociación culturais de Saramagoso e A Miñoteira , no centro cultural de Vilar e na sede da asociación de veciños de Negros. Alí a ludoteca impartirase os luns martes e xoves en horario de 11 a 13:00 horas. Nos mesmo días pero media hora máis tarde os nenos poderán acudir ao C C de O Viso “A Teixeira”.
Martes, mércores e xoves a cita será na Sociedade labrego cultural de Reboreda e luns, mércores e venres na asociación Chan das Pipas de Saxamonde

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará