Hoxe é Sábado 7 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello non permitirá o paso de camións por Chapela con destino a Teis

RR_Noticias

O concelleiro delegado de Tráfico Eduardo Reguera  asegura que se multará a todos os camións que circulen pola Avenida de Vigo e que non se dirixan ás empresas ubicadas no litoral de Chapela.

O responsable deste departamento mostraba así o seu rexeitamento ao anuncio feito dende o Concello de Vigo, quen anunciara a súa intención de prohibir o paso de tráfico pesado por Sanjurjo Badía motivo polo que obrigaría a todos os camións con destino Teis a facer un rodeo pola autoestrada AP-9 con saída na rotonda de Rande onde os vehículos farían un cambio de sentido para dirixirse cara á Avenida de Vigo polo casco urbano de Chapela.
Un anuncio que levantou un importante malestar entre os veciños da parroquia quen chegaron a adiantar que non dubidarían en mobilizarse no caso de que as intencións do goberno vigués se fixeran realidade. Agora os veciños reciben o apoio do Concello redondelán. O edil de tráfico ten previsto reunirse co seu homólogo en Vigo e asegura que non permitirá o pasado de camión por Chapela cara as naves de Teis.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará