Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A primeira Liga Galega de Veteranos de Traiñeiras bota a andar en Chapela

RR_Noticias

Serán catro as embarcacións que tomen parte noutras tantas regatas ao longo da tempada: Chapela, Tirán, Bueu e Meira. A iniciativa vivirá o seu bautismo en augas redondelás, mañá sábado ás 18:00 horas na praia de Arealonga.

A primeira Liga Galega de Veteranos de Traiñeiras estréase mañá sábado coa primeira regata en Chapela. Serán catro as embarcacións que tomen parte noutras tantas regatas ao longo da tempada. Comezando por Chapela, Tirán (que foron os precursores da idea), Bueu e Meira, que na contrarreloxo previa do pasado sábado marcou os mellores tempos. A primeira regata será ás 18:00 horas na praia de Arealonga. Como teloneiros, e aproveitando o parón na liga galega sénior e que a ACT aínda non comezou, estarán os primeiros equipos de Tirán, Meira, Chapela e Vilaxoán cunha regata de adestramento.
En Chapela están ilusionados coa primeira bandeira para veteranos, salientan que custou algo formar o equipo, pero que están moi satisfeitos por volver remar logo de 18 anos. Para animar a iniciativa, as catro embarcacións pactaron un terceiro tempo en todas as regatas. Mexillóns e viño presidirán a mesa en Chapela. Tirán o 17 de xullo, Bueu o primeiro de agosto e Meira o 15 do mesmo mes terán que ir pensando no menú.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará