Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

San Simón acolle este domingo un concerto do músico californiano Ariel Pink

RR_Noticias

As entradas pódense comprar no enderezo www.servinova.es ao prezo de 15 euros que que inclúen o acceso ao concerto, incluído no ciclo Sinsal Insólitos Estrella Galicia, unha consumición e o traslado de ida e volta en barco.  

Músico prolífico, Ariel Marcus Rosenberg xoga cunha variedade de sons e referencias amplísima, a medio camiño entre o pop e a música experimental autoproducindo todos os seus traballos. O último disco da banda que lidera, Ariel Pink’s haunted Graffiti, cuxos temas de seguro se escoitarán esta fin de semana na Illa de San Simón leva por título Befote Today. Os que se fagan con algunha das entradas que se poñen hoxe á venda partirán do peirao de San Adrián de Cobres (Vilaboa) ás 19.30 horas e iniciarán o camiño de volta dende a illa ás 21.30 horas. Os que xa mercaran algún dos primeiros 140 billetes que se esgotaron onte nada máis sair á venda viaxarán dende Vigo. O seu barco sairá do peirao da Laxe ás 18.00 horas e e partirá de regreso ás 22.00 horas. O concerto empeza ás 20.00 horas. Sinsal Insólitos, enmarcado na oitava edición do festival e patrocinado por Estrella Galicia, complétase con outros tres concertos en espazos tamén singulares. Susan Alcorn actuará no Museo Verbum de Vigo o 4 de xullo, Omar Souleyman farao nos xardíns de Méndez Núñez da Coruña o día 14 e Phill Niblock e Katherine Liberovskaya no Pazo Quiñones de León de Vigo o 17.

Ariel Pinks Haunted Graffiti
Menopause man é un dos temas inluidos no último traballo do grupo californiano

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará