Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cabeiro celebra as festas na honra de San Xoán

RR_Noticias

A tradicional cacharela e sardiñada na noite de hoxe inician un programa que se prolongará ata o venres e que inclúe os tradicionais actos relixiosos, verbenas e citas deportivas

Noite máxica con cacharelas en todas as parroquias da vila, lembramos que ata 44 permisos son os que xestionou a concellería de medio ambiente e que permitirá a colectivos sociais e veciñas así como a persoas a título particular celebrar hoxe unha noite de San Xoán marcade polo lume.
Con todo é a parroquia de Cabiero quen acollerá as celebración máis prolongadas xa que durante tres días a música, a festa e os actos relixiosos e deportivos centrarán o programa das festas na honra de san Xoán.
Celebracións que arrancan hoxe ás 21:00 horas cunha gran sardiñada amenizada pola charanga a baca pinta e unha gran fogueira que se prenderá ás doce da media noite.
Mañá xoves a parroquia levantarse cos pasarrúas da banda municipal de Redondela, agrupación que impartirá un concerto a partir das 12:30. Ademais dos actos relixiosos haberá un partido de solteiros contra casados ás seis da tarde e unha verbena ás dez coas orquestras Lamas e Alcotán
Xa o venres día 25 os pasarrúas correrán a cargo da banda de música cultural de arcade a serán as orquestras América e Tropicana as encargadas de poñer o punto e final as festas deste ano a partir das dez da noite.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará