Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela arderá con máis de 44 fogueiras na noite de San Xoán

RR_Noticias

Colectivos veciñais, asociación culturais e centro parroquiais así como particulares súmanse un ano máis ás tradicionais celebración de San Xoán. Así o acreditan os 44 permisos concedidos pola Concellería de Medio Ambiente de Redondela para a celebración de outras tantas fogueiras n noite do 23 ao 24 de xuño.

Uns lumes completamente excepcionais nunha noite máxica que se enmarca nun período no que por condicións meteorolóxicas a administración non está a conceder permisos para queimas co obxectivo de evitar posibles complicacións.
Precisamente para controlar que se cumpra a normativa e que non se produzan incidentes, manterase en alerta o servizo de protección civil.
Por outra banda, na noite do sábado volverá celebrarse a tradicional festa dos Fachos coa ascensión ao monte de A Peneda, nunha actividade que dende hai máis dunha década ven organizando o colectivo Alén Nós en colaboración con outras asociacións de Soutomaior e Redondela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará