Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Preto de 30 equipos participarán no Torneo de Fútbol 7 do C.D. Choco

RR_Noticias

O campo de Santa Mariña acolle esta fin de semana un interesante campionato de fútbol 7 organizado polo CD Choco. Ata o de agora están inscritos 24 equipos, pero poden ser máis os que participen porque o prazo de inscrición está aberto ata esta tarde. O gañador do torneo recibirá 1.500 euros de premio, e haberá tamén outros premios en metálico e trofeos para os participantes.

Esta fin de semana, o sábado 26 e o domingo 27 de xuño, o campo de Santa Mariña será o escenario dunha verdadeira festa deportiva coa celebración do Torneo de Fútbol 7 que organiza o C.D. Choco. Polo de agora son 24 os equipos que están inscritos, pero desde a organización agardan roldar os 30 participantes, xa que a inscrición está aberta ata esta tarde. Con todo será complicado chegar ós 34 equipos que disputaron o torneo o ano paso. O presidente do club, Cándido Mirou, achaca esta situación “á coincidencia coa celebración do Mundial de Sudáfrica”, xa que moitos afeccionados non queren deixar de ver os partidos que se retransmiten por televisión. Pero serán moitos os que si participen, entre eles nomes tan coñecidos como o de Iago Falqué, o vigués que actualmente xoga da Juventus, e outros moitos xogadores de equipos da contorna que militan en Terceira División, Preferente ou Primeira Autonómica. E os premios son interesantes, con 1.500 € para o gañador, 750 € para o subcampión, e 350 e 150 € para o terceiro e cuarto clasificado respectivamente, ademais do trofeo. Tamén haberá premios para o mellor xogador, mellor porteiro, máximo goleador, equipo menos goleado e o premio á deportividade. Os interesados en inscribirse aínda poden facelo ata esta tarde nas oficinas do club ou no teléfono 663.145.345. O prezo é de 150 € por equipo máis 30 de fianza. O sorteo celebrarase hoxe ás 21.00 horas. Próxima temporada No C.D. Choco preparan tamén a próxima temporada, na que continuarán en Preferente Autonómica. Ata o pasado domingo no club agardaban “a lotería” do ascenso do Coruxo e o Cerceda a Segunda B para contar cunha praza en Terceira, pero non puido ser. Os vigueses si conseguiron un histórico ascenso, pero o Cerceda “tivo mala sorte en La Muela”, como explicaba Mirou. Agora toca traballar no equipo da próxima temporada, na que xa está confirmada a continuidade de Julio Álvarez como adestrador. A partires de agora traballarán na configuración do cadro de xogadores, no que haberá “algunhas fichaxes e tamén descartes”, como anunciaba o presidente.

Cándido Mirou presidente
A celebración do Mundial resta participación ó torneo
Temporada 2010-2011
O club certificou a continuidade de Julio Álvarez

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará