Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Millo Verde internacionalízase coa presenza de grupos de Amsterdam e Francia

RR_Noticias

Un total de dez grupos de diferentes estilos subiranse ao escenario no anexo do Campo do Choco nas noites de venres e sábado a aprtir das 21:00 horas. O teatro de rúa, os obradoiros, xogos populares e as competicións deportivas completan un amplo programa de actividades

A IV edición do festival alternativo Millo Verde supón un salto cualitativo respecto de edicións anteriores xa que contará coa presenza de grupos de ámbito internacional. Así, aos vigueses Minim ou Arritmic ou os madrileños Beatmac e Laimposible, súmanselle nomes como Funky Style Brass, chegados dende Francia ou os grupos procedentes de Amsterdan Zibabu e Caspain Hat Dance. O encargado de abrir o festival na noite do venres serán os gañadores do concurso de maquetas, o grupo de Bueu “Skakeo”. En previsión do mal tempo haberá unha carpa cubrindo a zona do concerto onde o sábado actuarán os grupos Minim, Pan de Capazo, Caspain Hat Dance, Laimposible e Arritmic. Dúas xornadas de música onde haberá oco para todos os estilos dende o rock pasando polo folk ata chegar ao rap ou a electrónica industrial. Ademais para esta edición hai preparado un completo programa de actividades de día destinadas a todos os públicos e idades que se desenvolverán, sempre e cand o otempo o permita, na Alameda de Redondela As actividades arrancará ás catro da tarde cun rocódromo e unha sesión de Jam Graffiti. Haberá ademais obradoiros de elaboración de malabares, xoguetes e xogos populares con Xoeira así como teatro de rúa ambos os dous días ás 20:00 horas. Este ano tamén toman protagonismo as citas deportivas cun torneo de baloncesto no que hai anotados xa 15 equipos

Ricardo Figueroa MIllo Verde
O vernes o concerto arrancará coa música de Skakeo
Concerto do sábado
Os estilos variados pasarán polo escenario do campo anexo do Choco
Completo programa
As actividades inclúen teatro de rúa obradoiros e deporte

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará